Síguenos


Voluntariado de Cruz Vermella en Ourense recicla a súa formación sobre primeiros auxilios psicolóxicos

O Balneario de Laias acolleu unha xuntanza de voluntariado de Socorros e Emerxencias o sábado 30 de outubro para facer balance do traballo realizado dende a chegada da pandemia: unha sesión de análise sobre os primeiros auxilios psicolóxicos, abordando a perspectiva do voluntariado e prevendo os retos que se presentan nesta área no futuro a curto e medio prazo.

 

Felipe Ferreiro, presidente provincial de Cruz Vermella en Ourense, abriu as intervencións, agradecendo a gran implicación do voluntariado da área de socorros na xestión da pandemia, especialmente das persoas que formaron parte do equipo no centro de vacinación masiva montado en Expourense polo SERGAS.

 

A este acto asistiu tamén o presidente da Deputación Provincial, José Manuel Baltar, quen se sumou a esta formación, tan importante sabendo o gran impacto da pandemia na saúde mental das persoas.

 

A Deputación Provincial de Ourense é o principal financiador da sensibilización en materia de primeiros auxilios na provincia e a entidade doante das dúas ambulancias de soporte vital básico que ten Cruz Vermella en Ourense.

Share on linkedin
Share on twitter
Share on facebook
Share on whatsapp
Share on email