Síguenos


Vegalsa-Eroski doa 15.000 euros para o proxecto de Promoción do éxito escolar

O proxecto de Promoción do éxito escolar de Cruz Vermella proporciona apoio educativo a nenos e nenas en dificultade social para realizar as tarefas escolares e recibir reforzo en materias específicas. Ademais, proporciónaselles unha merenda saudable. As sesións teñen lugar nas instalacións da Organización, aínda que en ocasións impártense de maneira virtual.

 

A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski doounos 15.000 euros para desenvolver este proxecto en Galicia. No acto de entrega duns cheques simbólicos, que tivo lugar hoxe no Eroski Center de Matogrande na Coruña, participaron Gabriela González, directora de RSE, Comunicación e Área Cliente de Vegalsa-Eroski, y Carmen Colmeiro, presidenta autonómica de Cruz Vermella Galicia.

 

“Con esta colaboración económica queremos apoiar de novo a Cruz Vermella na redución das desigualdades entre os nenos e nenas en risco de exclusión social. Por iso, seguiremos facendo campañas de venda de produtos solidarios na nosa rede comercial, achegando o noso granito de area para contribuír a unha sociedade máis solidaria.”, afirma Gabriela González.

 

Pola súa banda, Carmen Colmeiro destacou que “a infancia é un colectivo prioritario para nós. En Cruz Vermella desenvolvemos diferentes proxectos dirixidos a nenos, nenas e adolescentes e tamén ás súas familias. Promover o seu benestar, velar polos seus dereitos, fomentar a educación en valores e apoiarlles para que teñan as súas necesidades básicas cubertas son algúns dos nosos principais obxectivos. Para logralos, son fundamentais as colaboracións e o compromiso de empresas como Vegalsa-Eroski”.

 

Os fondos doados son grazas á recadación das dúas campañas solidarias postas en marcha na rede de establecementos das insignias Eroski e Autoservizos Familia en 2021: a venda de bolsas de tea solidarias e dos receitarios “Os peques á mesa”, que se editaron en colaboración con chefs, nutricionistas e pediatra.

Share on linkedin
Share on twitter
Share on facebook
Share on whatsapp
Share on email