Síguenos


Un centenar de persoas participan no encontro de voluntariado da provincia de Pontevedra

Os voluntarios e voluntarias das oito asembleas comarcais e locais de Cruz Vermella na provincia de Pontevedra compartiron o 26 de novembro un dos encontros máis especiais dos últimos anos. Por primeira vez desde a pandemia, un centenar de persoas voluntarias reuníronse de forma presencial para visibilizar a importancia social do voluntariado e recoñecer o seu gran labor.

 

O encontro, para cuxa realización Cruz Vermella contou coa colaboración do Concello de Vilagarcía, foi inaugurado pola presidenta provincial de Cruz Vermella en Pontevedra, María Teresa Álvarez Quicler; a concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Persoas Maiores do Concello de Vilagarcía, Tania García Sanmartín; e a presidenta comarcal de Cruz Vermella no Salnés, María Jesús Rolán.

 

Durante a xornada púxose de manifesto o importante labor desempeñado polo voluntariado, especialmente durante a pandemia, ao facer posible que a Organización mantivese os seus programas habituais e desenvolvese outros novos como o Plan Cruz Vermella Responde.

 

Entre as asembleas de Baixo Miño, O Condado, Lalín, Pontevedra, Redondela, O Salnés, Tabeirós e Vigo, Cruz Vermella conta na provincia de Pontevedra cun total de 710 persoas voluntarias que desenvolven o seu labor de forma habitual, sumando, ata a actualidade, máis de 24.000 horas de acción voluntaria en 2022.

Share on linkedin
Share on twitter
Share on facebook
Share on whatsapp
Share on email