Temos en marcha unha nova iniciativa dirixida ao tecido empresarial galego cuxo lema principal é “Súmate ao reto do emprego”. Trátase dunha campaña dixital que inclúe diferentes accións e cuxo obxectivo é que máis empresas coñezan o noso proxecto Reto Social Empresarial e aposten por colaborar con Cruz Vermella.
Desta maneira, axuntando esforzos, conseguiremos mellorar a empregabilidade de máis persoas que se atopan nunha situación de dificultade. Porque o emprego é a mellor oportunidade que teñen moitas persoas para integrase na sociedade.
En Cruz Vermella acompañamos ás persoas participantes no Plan de Emprego na procura de oportunidades laborais e facémolo de maneira personalizada, potenciamos as súas fortalezas e as súas competencias. Para levar isto a cabo é fundamental o apoio de empresas que colaboran en accións formativas, con prácticas non laborais ou con ofertas de emprego e bríndanlles a oportunidade de demostrar o seu talento e os seus coñecementos en contornas profesionais.
Durante este ano, en Galicia apoiamos a máis de 4.000 persoas coa colaboración de máis de 800 empresas en Galicia.
Reto Social Empresarial forma parte do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social ( POISES) e conta co financiamento do Fondo Social Europeo e o Ministerio de Traballo e Economía Social.