Estás a buscar emprego? Tes unha empresa e necesitas incorporar persoas con talento? O Plan de Emprego de Cruz Vermella traballa desde hai máis de 20 anos para mellorar as oportunidades laborais das persoas con máis dificultades de acceso ao mercado laboral. O proxecto conta cunha ampla traxectoria en Galicia e está plenamente instaurado no abanico de programas que se desenvolven nas catro provincias galegas. Durante o 2022 traballouse con máis de 3.700 persoas a través de itinerarios personalizados, alcanzando unha inserción no mercado laboral de máis de 2.000 homes e mulleres.
E como se conseguiron estes resultados? Desde o Plan de Emprego deséñase coa persoa un itinerario para mellorar as súas posibilidades de atopar un posto de traballo, sen esquecer a igualdade de oportunidades e o bo trato no emprego. Así, cando unha persoa desempregada achégase ás oficinas da entidade, os equipos técnicos ofrecen a posibilidade de reforzar as competencias máis demandadas no mercado laboral de acordo ao seu perfil profesional, mellorar a súa empregabilidade a través de formación e un acompañamento personalizado na procura de emprego indistintamente da idade, sexo e orixe. Pero, ademais, ofrécese orientación sobre como buscar emprego, poñerse ao día coas novas tecnoloxías, capacitación profesional, prácticas non laborais, ferramentas para afrontar entrevistas de traballo, coñecer e mellorar as habilidades e os puntos fortes do aspirante, ou participar en entrevistas de selección, entre outros.
Cooperación Empresarial
O Plan de Emprego non sería posible sen a colaboración das empresas, cada vez máis comprometidas co talento das persoas e comprobando as vantaxes de incorporar a diversidade aos seus equipos. Neste sentido, no ano 2022 Cruz Vermella contou coa colaboración de máis de 1.800 empresas, de moi diferentes perfís e sectores. Desde unha PEME familiar a unha gran compañía internacional con miles de empregados e empregadas, todas elas xogan un papel fundamental dentro do Reto Social Empresarial, xa que cada unha achega un valor diferente e permite ao proxecto desenvolver unha actividade concreta.
E é que as empresas que participan no Plan de Emprego fano a través de diferentes colaboracións: imparten charlas, abren as portas da compañía a visitas organizadas, ceden a profesionais como profesorado en accións formativas, asesoran en procesos de selección, prestan instalacións e/o material para formacións, acollen prácticas formativas non laborais na empresa ou colaboran na difusión de campañas, entre outras.
A implicación da sociedade, unha peza crave
Aínda que un dos obxectivos principais do proxecto é mellorar a empregabilidade das persoas en situación de desvantaxe e situalas en mellores condicións para acceder ao mercado de traballo, non menos importante resulta loitar contra os estereotipos, os prexuízos, a minusvaloración social e as prácticas discriminatorias que con frecuencia afectan as persoas vulnerables e convértense en barreiras para acceder ao emprego.
Recoñecidas foron as súas campañas “Desafío +45”, centrada en poñer en valor o talento senior; “En realidade non ten graza”, coa que se profundou na crenza de que o talento non ten que ver coa orixe, o sexo ou a idade; ou “O Balance máis positivo”, centrada na corresponsabilidade.
Se queres unirte ao Plan de Emprego, podes poñerte en contacto coas nosas oficinas territoriais de Cruz Vermella en Galicia.
* O Plan de Emprego conta co apoio da sociedade, as empresas e as administracións públicas territoriais, así como do Ministerio de Traballo e Economía Social, e do Fondo Social Europeo a través do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES), e do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEJ).