Síguenos


Recollemos xoguetes novos, non bélicos e non sexistas para os nenos e nenas que máis o necesitan

Cruz Vermella Xuventude puxo en marcha a campaña “O xoguete educativo” co lema “Os seus dereitos en xogo” e cun dobre obxectivo: recoller xoguetes e sensibilizar á sociedade sobre a importancia do dereito ao xogo na infancia.

 

Baixo este paraugas desenvólvense as iniciativas de recollida de xoguetes que Cruz Vermella realiza durante estas semanas nas catro provincias galegas. A finalidade é promover o uso de xogos e xoguetes como ferramenta educativa e de transmisión de valores no contexto escolar e familiar. Por iso, solicítanse xoguetes novos, non bélicos, non sexistas, e preferiblemente educativos.

 

Búscase garantir que os nenos, nenas e adolescentes das familias ás que atendemos non teñan dificultades para o acceso ao xogo. O obxectivo a nivel nacional é recoller máis de 115.000 xoguetes para máis de 60.000 nenos, nenas e adolescentes entre 0 e 17 anos.

 

As persoas que queiran colaborar, poden facelo de diferentes maneiras:

-Entregando xoguetes nas sedes de Cruz Vermella que se adheriron a esta campaña.

-A través de empresas e xogueterías que tamén colaboran e habilitan puntos de recollida nas súas instalacións.

-Tamén se pode colaborar coa campaña realizando doazóns na web de Cruz Vermella, a través do teléfono 900 104 971 e mediante o envío de SMS coa palabra XOGUETE ao 38088 (3 euros), que se destinarán integramente á compra de xoguetes para nenos e nenas de familias en dificultade social.

 

Unha vez verificado que os xoguetes cumpren as especificacións, Cruz Vermella Xuventude clasifícaos segundo a idade dos nenos aos que van destinados e as habilidades que potencia, sociais, motrices e intelectuais.

Share on linkedin
Share on twitter
Share on facebook
Share on whatsapp
Share on email