Facemos fronte ás diferentes situacións de emerxencias (incendios forestais, terremotos, nevadas, inundacións, etc…), colaborando na súa resolución e ofrecendo resposta de forma inmediata e urxente sen esquecer unha formulación de axuda sostida. Contamos con Equipos de Resposta Inmediata en Emerxencias (ERIE) que teñen formación especializada para intervir e capacidade para mobilizarse rapidamente cando son activados por unha emerxencia.