Síguenos


Educación

A educación promove a igualdade e a inclusión social, e ten un papel crave na loita contra a pobreza, mellorando a saúde, a nutrición e o benestar emocional, promovendo a igualdade de xénero, o éxito escolar, a paz e a democracia. En Cruz Vermella traballamos desde un enfoque socioeducativo baseado na construción de vínculos, no interese superior do neno e a nena, e centrado nas necesidades e dereitos da infancia e a adolescencia.

infancia paraca
Share on linkedin
Share on twitter
Share on facebook
Share on whatsapp
Share on email

Infancia en risco social: intervención familiar con nenos, nenas e adolescentes

Proporcionamos apoio ás familias para o desenvolvemento da crianza e educación en contextos de vulnerabilidade social, con actividades específicas para cada idade. Apoiamos a avoas e avós educadores que teñen ao seu cargo a educación dos seus netos durante toda a xornada ou unha parte significativa da mesma.

Coidado alternativo (Sistema de Protección á Infancia)

Promovemos fórmulas de coidado alternativo como o acollemento familiar para nenos, nenas e adolescentes que se atopan separados das súas familias por vivir situacións de desprotección. Coidado que dura ata que melloran as situacións que provocaron a separación ou se determina outra medida de protección que ofreza maior estabilidade.

Apoio comunitario e educativo a nenos e adolescentes

Axudamos aos menores para superar barreiras para o acceso e integración no sistema educativo e contribuímos ao incremento do éxito escolar. Apoiámoslles nos procesos de aprendizaxe, educación extraescolar en valores e promoción de hábitos saudables.

Apoio a mozos en cumprimento de medidas de responsabilidade penal

A través dun proceso de acompañamento social, implicámonos na reeducación e integración social destes mozos e mozas. Ofrecemos postos de acción voluntaria nos que se desenvolven medidas educativas e traballo en beneficio da comunidade.

Acompañamento a mozos cara á emancipación

Apoio a mozos que rematan medidas de protección á infancia por maioría de idade e/ou que se atopan nunha grave situación de risco de exclusión ao carecer dos apoios sociais e recursos persoais que lles permitan afrontar a súa vida de forma independente. Itinerarios de inserción, pisos de emancipación, puntos de activación xuvenil e atención a menores inmigrantes non acompañados.