Actuamos coas persoas que están en risco de pobreza e exclusión para mellorar a súa calidade de vida e para que teñan as oportunidades e recursos necesarios.
Actuamos para promover a igualdade de oportunidades no mercado laboral e para mellorar a empregabilidade das persoas que están nunha situación de desvantaxe.
Actuamos coas persoas para promover a igualdade e a inclusión desde un enfoque socioeducativo centrado nas necesidades e dereitos da infancia e a adolescencia.
Actuamos para trasladar o compromiso solidario ás poboacións vulnerables doutros países ofrecendo axuda humanitaria e traballando na cooperación para o desenvolvemento.