O primeiro premio do Sorteo de Ouro de Cruz Vermella de 3 millóns de € (ou o seu contravalor en ouro*), celebrado en Málaga o 20 de xullo, correspondeu ao número 82.033 da serie 104. O segundo premio de 1.000.000 € ou o seu contravalor en ouro* recaeu no número 57.304 da serie 009. O terceiro premio correspondeu ao número 86.885 da serie 091. Este premio está dotado con 500.000 € ou o seu contravalor en ouro*.
O Sorteo de Ouro reparte máis de 11.700 premios, que superan os 7 millóns de euros, ou o seu contravalor en ouro*. Repártense 3 millóns de euros ao primeiro premio; 1 millón de euros ao segundo premio; 500.000 euros ao terceiro premio; tres cuartos premios de 250.000 euros cada un e tres quintos premios de 100.000 euros cada un. Ademais destes 5 premios principais, repártense miles de premios aos números coincidentes con diferente serie á premiada, ou os coincidentes nas catro últimas cifras con diferentes contías.
As bases e os números premiados poden consultarse na páxina web www.cruzroja.es/sorteodeoro, no número de teléfono 900 100 014, ou enviando un SMS *** ao número 215757 (palabra ORO, espazo, número do boleto, espazo, número de serie).
Este sorteo solidario supón unha das maiores fontes de financiamento de Cruz Vermella que atendeu en 2022 a máis de 12,2 millóns de persoas (máis de 113.900 en Galicia) e que visibiliza o labor que fan as máis de 263.000 persoas voluntarias cada día en todo o territorio nacional, esforzándose por levar a visión da Organización Humanitaria un pouco máis lonxe.
A celebración do Sorteo de Ouro de Cruz Vermella cada ano supón unha nova oportunidade para estar onde máis se necesita: xunto ás persoas máis vulnerables, que este ano, coa incerteza e o medo social que rodean ao conflito armado en Ucraína, as emerxencias climáticas, a inestabilidade económica ou os terremotos, viven unha infinidade de retos humanitarios que poñen a proba a capacidade de Cruz Vermella cada día, e que nos fan ‘Ser Mellores’ como sociedade dándolles resposta.
Baixo o lema ‘Oro parece, Cruz Vermella é’ asegúrase que detrás do “ouro” de Cruz Vermella están a acollida, a alimentación consciente, o benestar enerxético, a compañía, o éxito escolar, o futuro laboral, a igualdade, a sustentabilidade, o socorro ou a protección á muller.
Para Cruz Vermella, a vulnerabilidade pode estar onde hai unha persoa maior que sente soa, unha muller que sofre violencia, un neno ou nena que non ten recursos para poder estudar, unha persoa refuxiada que foxe da violencia e a fame no seu país, unha familia que non ten auga quente nin calefacción, unha muller que non ten as mesmas oportunidades no traballo ou todas as persoas que sofren unha emerxencia climática.
Este ano, o ilustrador Óscar Alonso, 72Quilos, puxo imaxe e cor aos boletos a través da súa arte, cunha variedade de 10 deseños que representan cada unha das áreas de actuación de Cruz Vermella.
(*) Ou o seu contravalor en ouro fixado en 56,65 €/g segundo o peche do Mercado de Metais do día 19 de xullo de 2023. Os premios non son acumulativos e caducan aos 90 días desde a celebración do Sorteo. Poden facerse efectivos en metálico en oficinas de Cruz Vermella e oficinas informatizadas de Correos de toda España, excepto as situadas en grandes almacéns e en ouro en oficinas de Cruz Vermella. Normativa do Sorteo, protección de datos ou calquera outra información en www.cruzroja.es/sorteodeoro.
(**) Custo SMS 0.18 imposto incluídos (Servizo SMS para Cruz Vermella prestado por D-MOBILELAB SPAIN, SA. C/Luca de Tena 1, 3ªplanta, 28027 Madrid, Tel. 900 90 70 83).