O Equipo de Resposta Inmediata en Emerxencias (ERIE) de Galicia foi activado debido ao afundimento do barco Marsua J que se produciu este luns nas inmediacións das illas Cíes. Un dos tripulantes foi localizado sen vida ás poucas horas mentres que o outro continúa desaparecido.
A coordinación con Salvamento Marítimo foi fluída e fundamental desde o primeiro momento. A intervención do ERIE consistiu en proporcionar apoio psicosocial e acompañamento a ambas as familias. Concretamente, desprazáronse a Baiona e Nigrán 11 compañeiros e compañeiras do equipo para estar pendentes dos familiares tanto nos seus domicilios como no tanatorio durante o martes 25 e o mércores 26.
O ERIE quedou á súa disposición por se necesitasen de novo a súa intervención.