Síguenos


O ERIE incorpora novos membros ao equipo e programa máis actividades para este ano

Unha das reunións anuais do Equipo de Resposta Inmediata en Emerxencias (ERIE) de Galicia tivo lugar este sábado 29 na Coruña. Analizar as actividades e exercicios programados para este ano así como facer balance de 2019 foron dous dos grandes temas da xornada.

 

As novas incorporacións foi outro dos puntos destacados do día. Por este motivo, varias das persoas voluntarias que entraron a formar parte do equipo recentemente tamén asistiron, con idea de que coñezan persoalmente ao resto de compañeiros e compañeiras e favorézase así tanto o intercambio de primeiras impresións e dúbidas como a súa integración. En total participaron nesta reunión 26 persoas das catro provincias galegas.

 

“Foi unha reunión intensa pero moi produtiva e que, sen dúbida, contribuirá a prestar a mellor asistencia posible en caso de emerxencia na nosa comunidade”, sinala Daniel Fernández Sanjurjo, responsable de Emerxencias de Cruz Vermella en Galicia.

Share on linkedin
Share on twitter
Share on facebook
Share on whatsapp
Share on email