O 96% das familias con fillos de 0 a 6 anos atendidas pola nosa Organización está en risco de pobreza e exclusión social e o 54% experimenta privación material severa. Ademais, o 83% das familias está en situación de pobreza extrema e tres de cada catro fogares non poden asumir gastos de saúde dos seus fillos e fillas como lentes, audífonos ou copagos. Ademais, o 31,3% non poden permitirse unha comida con proteínas tres veces á semana, e o 52,2% experimentan pobreza enerxética.
Son datos do Boletín sobre a Vulnerabilidade Social ‘A crianza na Primeira Infancia’ que Cruz Vermella presentou hoxe. Este estudo analiza a vulnerabilidade social das familias con fillos de 0 a 6 anos atendidas por Cruz Vermella e o impacto que teñen na crianza tanto a COVID-19 como os distintos factores de risco nos ámbitos de emprego, ingresos, saúde, vivenda, redes de apoio, acceso á protección social, etc.
Una das conclusións que mostra o informe é que a situación destes fogares, que xa era grave antes da pandemia, empeorou substancialmente no contexto actual. Outra das conclusións é que as familias con fillos a cargo teñen máis dificultades para saír da vulnerabilidade. E isto condiciona considerablemente o contexto de crianza nestas familias.
Por outra banda, é significativo que 3 de cada 4 persoas senten preocupadas ou tensas e máis da metade considera que os seus fillos e fillas notan a tensión que sofren. Isto evidencia que o estrés xerado pola pobreza pode debilitar o soporte emocional que os referentes adultos deben ofrecer aos nenos e nenas.
O 55% das persoas atendidas están en situación de desemprego e preto do 40% dos fogares ten a todos os seus membros en paro. O 90% das persoas que teñen emprego son traballadores pobres.
En relación ás condicións das vivendas destas familias podemos dicir que o 22% atópanse en exclusión residencial (conviven temporalmente con familiares ou amizades, están a ocupar vivendas, atópanse en aloxamentos temporais ou albergues ou teñen ameaza de desafiuzamento). Ademais, o 61% ten moitas ou bastantes dificultades para afrontar os pagos da vivenda como alugueiros, hipotecas ou servizos, e o 41% das vivendas están en condicións de insalubridad (humidades, escaseza de luz, ruídos, contaminación e sucidade na contorna…).
Respecto a a corresponsabilidade no coidado dos fillos, os datos evidencian o impacto de xénero: a crianza recae maioritariamente nas mulleres, no 63% dos casos só na nai e no 29% en ambos os proxenitores. As mulleres dedican ao coidado entre 2 e 10 horas diarias máis que os homes. Máis do 55% das mulleres sinala que esta dedicación inflúe nas súas posibilidades de emprego.
En relación á protección social, cabe destacar que o 10% das familias non recibe ningunha axuda de tipo económico. O 42% percibe prestación por fillo a cargo. A substitución desta prestación polo Ingreso Mínimo Vital non está a ser automática (o que xera gran vulnerabilidade). Só o 15,3% é beneficiaria do bono social, o que pon de manifesto as barreiras de acceso ás medidas de protección contra a pobreza enerxética.
Este informe realizouse coa colaboración da Universidade Carlos III e pode consultarse aquí.