Cruz Vermella abriu recentemente un novo espazo na cidade de Lugo, concretamente no barrio da Milagrosa. Trátase dun espazo moderno e adaptado ás necesidades actuais e que está destinado á atención integral ás familias máis vulnerables.
O obxectivo é que sexa un espazo vivo onde os nenos e nenas poidan adquirir valores, os mozos participar nos programas que ofrece Cruz Vermella e onde as familias poidan atopar unha man amiga a pé de rúa. Ao mesmo tempo que se converte nun espazo de promoción do voluntariado.
Á inauguración deste novo espazo, que tivo lugar o 10 de marzo, asistiron a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o presidente provincial de Cruz Vermella en Lugo, Luís Abelleira, e o presidente da Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa, Jesús Vázquez, entre outros.
O obxectivo de Cruz Vermella nesta cidade é que cada unha dos centros dos que dispón a Organización non estean separados a máis de 15 minutos camiñando entre eles. Desta forma pódese dar mellor atención a poboación e ás persoas usuarias dos nosos proxectos e actividades.
Isto non fose posible sen a colaboración de diferentes empresas e institucións que apoiaron esta iniciativa que nos permite estar máis preto das persoas, no seu propio barrio.