Parácheste a pensar quen son as persoas que coidan doutras? Máis do 80% das persoas que coidan son mulleres, segundo os datos das persoas atendidas por Cruz Vermella. E a maioría son familiares da persoa dependente (fillas ou esposas). Teñen máis de 50 anos, afrontan o seu labor a diario e adoitan carecer de ocupación remunerada.
Hoxe 5 de novembro é o Día das Persoas Coidadoras e coa iniciativa #MiraQuienCuida Cruz Vermella quere visibilizar o labor que realizan a través dos testemuños de persoas coidadoras non profesionais que mostran como é a súa realidade e as dificultades que teñen que afrontar.
Cruz Vermella conta co Servizo Multicanle de SerCuidadorA e desenvolve accións específicas dirixidas ás persoas que coidan, mellorando as súas capacidades para a xestión desta tarefa, reducindo a intensidade ou carga do coidado, a través de accións de respiro e fomentando o apoio mutuo. No caso de Galicia, actualmente atendemos a unhas 300 persoas coidadoras e no que vai de ano realizáronse máis de 4.000 intervencións de respiro.
Máis información: