Síguenos


Más de 120 persoas participaron no Encontro de voluntariado da provincia de Pontevedra

O voluntariado é un dos piares fundamentais de Cruz Vermella e grazas á súa implicación e compromiso a Organización Humanitaria pode desenvolver numerosos proxectos e actividades en toda a provincia de Pontevedra. Co obxectivo de poñer en valor o labor que desenvolven as persoas voluntarias, o sábado 04 de novembro celebrouse unha nova edición do Encontro Provincial de Voluntariado de Cruz Vermella en Pontevedra. O evento tivo lugar no Pazo da Cultura coa participación de máis de 120 persoas voluntarias procedentes das oito asembleas comarcais e locais que a Organización Humanitaria ten na provincia: Baixo Miño, O Condado, Lalín, Pontevedra, Redondela, O Salnés, Tabeirós e Vigo.

 

O acto inaugural comezou cun saúdo institucional a cargo de María Teresa Álvarez Quicler, presidenta provincial de Cruz Vermella en Pontevedra. Tras este saúdo, catro persoas voluntarias deron a coñecer nunha mesa redonda as súas experiencias en distintos proxectos da Organización. En concreto, falaron das recollidas de lixo realizadas en Ponteareas, Vigo e Pontevedra ao longo deste ano en espazos naturais, como praias e ríos en colaboración con LIBERA, un proxecto de SÉ/Birdlife en alianza con Ecoembes. Tamén se lembraron as etapas do Camiño de Santiago realizadas por diferentes colectivos que se atenden desde a entidade, sempre co apoio do voluntariado, co obxectivo de fomentar a inclusión e a participación, á vez que se pon en valor o Camiño de Santiago e promóvese o valor cultural e patrimonial de Galicia, grazas ao financiamento da Xunta de Galicia. Outro dos puntos destacados foi unha análise das actuacións desenvolvidas na provincia de Pontevedra en relación co conflito de Ucraína. Por exemplo, Vigo foi o único punto de Galicia onde o ano pasado Cruz Vermella atendeu a case un centenar de persoas que estaban en tránsito hacia Portugal, poñendo á súa disposición vehículos para facilitar o cambio de estación (de Urzáiz a Guixar) e ofrecendo un acompañamento ata o momento da partida, velando tanto polo benestar físico como o emocional en colaboración co Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións; Renfe e Adif.

 

Como broche final a esta xornada, as persoas asistentes gozaron dunha visita ao museo de Pontevedra, así como dun percorrido polo centro histórico da cidade.

 

Actualmente, na provincia de Pontevedra Cruz Vermella conta con máis de 2.658 voluntarios e voluntarias activas que achegan o seu tempo e coñecementos en axudar a outras persoas sen esperar nada a cambio e que investiron máis de 32.100 horas en acción voluntaria.