Un ano máis, Cruz Vermella recibe o apoio do Concello de Ourense a través dun convenio de colaboración para a cobertura de necesidades básicas de familias en situación de vulnerabilidade da cidade.
A través deste convenio, Cruz Vermella atendeu a máis de 400 familias, 130 delas con menores a cargo, para cubrir necesidades básicas de alimentación, hixiene e produtos de abrigo ou mantas.
Ademais, realizáronse obradoiros de aforro doméstico, orientación socio-laboral, hábitos saudables e xestión emocional, co obxectivo de mellorar a súa situación e benestar xeral, así como a súa saúde, e fortalecer ás persoas que actualmente se atopan en risco de exclusión social.