Síguenos


encuentro_po_poises

Máis de 3.800 persoas atendidas no Plan de Emprego na provincia de Pontevedra

Cruz Vermella finalizou recentemente o período do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES), desenvolto entre novembro de 2019 e agosto de 2023, un proxecto cofinanciado polo Ministerio de Traballo e Economía Social e o Fondo Social Europeo. Como peche a esta etapa, Cruz Vermella organizou un encontro en Pontevedra e outro en Vigo coas persoas participantes no Plan de Emprego nestes últimos anos. En total, máis de 100 persoas (entre ambas localidades) sumáronse a estas xornadas nas que puideron gozar dos relatorios “Novos tecnoloxías na procura de emprego” e “Barreiras na procura de emprego”, impartidas por Ana María Martínez e José Manuel Barco da empresa Quick Up.

 

Os resultados da participación de Cruz Vermella neste período do POISES permitiron mellorar a empregabilidade de máis de 3.800 persoas na provincia de Pontevedra e preto de 2.600 puideron acceder a un emprego co apoio da Organización Humanitaria. Desde o Plan de Emprego de Cruz Vermella trabállase para mellorar a empregabilidade das persoas que o teñen máis difícil para acceder ao mercado laboral, como as persoas maiores de 45 anos, migrantes, mulleres en dificultade social e persoas desempregadas de longa duración. Só durante o último ano, en 2022, Cruz Vermella atendeu na provincia de Pontevedra a 1.017 persoas, das que 688 conseguiron acceder a un posto de traballo. Estes bos resultados son posibles grazas á inestimable colaboración de 482 empresas.

 

Entre os retos de Cruz Vermella para o novo período que vai comezar están o de manter o compromiso coas persoas máis vulnerables que necesitan apoio para acceder ao mercado laboral, seguir profundando na transformación dixital e promovendo a igualdade de oportunidades e de trato no emprego, así como incrementar o protagonismo das persoas e empresas nos procesos de inserción laboral. Unha nova etapa para continuar construíndo coas persoas e equipos de Cruz Vermella novas oportunidades que cambien as vidas de quen o ten máis difícil.

 

encontro_po_poises

Share on linkedin
Share on twitter
Share on facebook
Share on whatsapp
Share on email