Cada 8 de maio conmemórase o Día Mundial da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella, unha data para celebrar o espírito humanitario e recoñecer ás persoas que marcan a diferenza nas súas comunidades. Este ano, o tema do Día Mundial da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella é ‘Facemos desde o corazón’, e céntrase nas persoas das comunidades, “a persoa de á beira”, que a miúdo é a primeira en dar un paso á fronte e apoiar ás persoas necesitadas que os rodean; podería ser alguén no noso lugar de traballo; un vendedor de barrio ou un voluntario ou voluntaria da Cruz Vermella e a Media Lúa Vermella; alguén no ximnasio, tenda ou mercado ao que imos; ou alguén que vive preto e que sempre estivo ao noso lado, porque cabe lembrar que unha de cada 200 persoas que nos rodean é voluntaria de Cruz Vermella Española, e iso fai a esta organización estar presente en todas partes.
O carácter voluntario de Cruz Vermella está estreitamente vinculado coa súa lema deste ano, ‘Facemos desde o corazón’ xa que facer algo de corazón significa traballar por quen o necesita, de maneira desinteresada, facer as cousas mellor e realizar pequenos xestos que nos axudan a ser mellores persoas e a pensar nos demais, dando voz a quen non a ten, e creando oportunidades que son a esperanza e o futuro en igualdade. E todo iso, sen condicións, sen distincións, e de maneira desinteresada, e cargados de humanidade.
De maneira simbólica, multitude de edificios oficiais ilumináronse de vermello estes días en honra ao voluntariado das súas localidades e a todo o Movemento Internacional da Cruz Vermella; así, espazos emblemáticos como a Torre de Hércules (A Coruña), a Cidade da Cultura (Santiago), a Sagrada Familia e a Casa Batlló (Barcelona), o Castelo de Santa Bárbara (Alacante), a Cúpula do Milenio (Valladolid) e concellos de localidades onde teñen actividade as nosas asembleas locais, como Carballo, Laxe, Malpica, Sada, Ribeira, Boiro, Vimianzo, Zas, Camariñas e Betanzos.