“Enredando tour R” percorrerá este mes de xullo seis municipios das provincias de Lugo e Pontevedra para favorecer, cos seus obradoiros itinerantes, a inclusión dixital das persoas maiores. A iniciativa “Enredando tour R” enmárcase no proxecto de Cruz Vermella en Galicia, Enredando (https://enredando.gal/), que ten como obxectivo mellorar a calidade de vida dos/as usuarios/as e avanzar no camiño da alfabetización cara a autonomía dixital en Galicia.
A acción, que conta co respaldo da Consellería de Política Social, presentouse esta semana en Lugo, nun acto que contou coa presencia do presidente de Cruz Vermella en Lugo, Luís Abelleira; o director de R, Alfredo Ramos; a concelleira de Benestar Social, Inclusión e Persoas Maiores do Concello de Lugo, Olga López Racamonde, e a responsable autonómica do programa “Enredando”, Trini de Lorenzo. Ademais, durante desenvolvéronse as primeiras actividades na aula móbil formativa instalada na Praza de Anxo Fernández Gómez.
Tras esta primeira parada na capital lucense, “Enredando tour R” recala o xoves 21 en Chantada e o venres 22 na Fonsagrada. A vindeira semana será o turno da provincia de Pontevedra, con escalas en Vigo (27 de xullo), Pontevedra (28 de xullo) e A Estrada (29 de xullo).
Integración dixital das persoas maiores
A intención primeira desta acción é minorar o efecto da fenda dixital que tanto afecta a unha gran porcentaxe de persoas maiores e a outros colectivos vulnerables. Falamos de persoas que, por exemplo, durante o confinamento e nos momentos máis duros da pandemia, non puideron botar man das novas tecnoloxías para completar xestións esenciais como pedir unha cita médica, facer a compra ou realizar unha operación bancaria sein sair da casa.
R e Cruz Vermella teñen claro que o máis importante é que as persoas maiores perdan o medo ás novas tecnoloxías e desenvolvan habilidades básicas que lles permitan avanzar e aprender a navegar por internet, ter unha conta de correo ou enviar unha mensaje. E, sobre todo, que non se sintan soas e vexan que persoal especializado e voluntariado de Cruz Vermella e de R daranlles o apoio dixital que precisen in situ, no espazo das formacións, ou que poden recibir asesoramento a través da páxina enredando.gal creada específicamente para completar esta acción didáctica.
Esta é a segunda edición de “Enredando tour R” que no 2021 levou a cabo preto de medio milleiro de formacións en diferentes localidades das catro provincias galegas. Así, o pasado ano establecéronse 11 itinerarios formativos con parada na Coruña, Cedeira, Sarria, Viveiro, Monforte, O Carballiño, Verín, O Barco de Valdeorras, Lalín, Ponteareas e A Guarda, que involucraron a máis de 400 persoas entre usuarios, profesionais e voluntariado de Cruz Vermella.
Menús formativos (para todos os gustos)
O programa desenvólvese nun aula móbil con contidos formativos vinculados ás novas tecnoloxías. Unha furgoneta superequipada transporta os smartphones, portátiles, tabletas, altofalantes intelixentes… e todo tipo de accesorios para facilitar ese achegamento á realidade da tecnoloxía máis doméstica e presente en multitude de áreas da nosa vida cotiá.
As persoas que participen poderán trastear mentres ‘degustan’ un dos catro “menús formativos” que Cruz Vermella e R lles teñen preparado para que elixan o que máis se adapte ás súas necesidades e preparación. Os obradoiros realizaranse en horario de 10:30 h a 13:30 h, no espazo exterior (protexidos por unhas carpas) e cumplindo escrupulosamente as esixencias sanitarias e medidas anti COVID-19 para garantizar a seguridade de todo ol mundo e en todo momento.
Esta é a carta de “Enredando tour R” cos seus 4 menús:
_”Vivo no mundo analóxico, rapaza”; menú básico para comezar a “enredar” en internet.
_”E ti… de quen ves sendo?”: para saber que é e como funciona o Whatsapp.
_”Dixitalízate, ho!”: para aprender como se pode acceder ao SERGAS, ao banco, facer a compra e, en xeral, como xestionar o máis cotiá por internet.
_”Menú R: móbilR”: como compartir o móbilR con netos/as sen sustos: instalar/desinstalar apps e coñecer Youtube Kids.
Para participar nas actividades de “Enredando tour R” as persoas interesadas poden chamar ao teléfono gratuito 900 825 030 ou escribir un correo electrónico a galicia@cruzroja.es.