Cruz Vermella Xuventude superou as expectativas da súa tradicional campaña de xoguetes e recolleu a nivel nacional máis de 65.000 xoguetes para 53.000 nenos e nenas vulnerables.
Nesta edición na que a recollida e entrega estiveron marcadas ademais pola pandemia xerada pola COVID-19, en Galicia repartíronse xoguetes entre máis de 2.600 peques da nosa comunidade autónoma.
Un dos obxectivos da iniciativa ‘Os seus dereitos en xogo’ é dotar ás familias en dificultade social con nenos e nenas a cargo de xogos e xoguetes durante as festas do Nadal, unha época significativa na que axuntamos esforzos para que ningún neno quede sen xoguetes.
A campaña vai moito máis alá da repartición de xoguetes xa que promover o uso de xogos e xoguetes como ferramenta educativa e de transmisión de valores no contexto escolar e familiar é o fin principal desta acción.
Isto non fose posible sen a participación do voluntariado das diferentes asembleas locais e sen a colaboración da sociedade, que se mostrou especialmente xenerosa no seu apoio ás familias máis vulnerables.
Que tipo de xoguetes contempla a campaña?
Novos: por equidade e non discriminación, para que todos os nenos e nenas teñan un xoguete novo. De acordo co principio de Imparcialidade, resúltanos imposible ter que discriminar a algunhas persoas dándolles xoguetes de segunda man, non cremos que haxa infancia de primeira e infancia de segunda categoría. Ademais, non podemos garantir que un xoguete sexa 100% seguro unha vez sacouse do seu envoltorio orixinal.
Non bélicos e non sexistas e preferiblemente educativos: para favorecer actitudes de respecto e cooperación. Os xoguetes son elementos transmisores de valores sociais. A través do xogo os nenos e nenas adquiren coñecementos e comportamentos. Se fomentamos que a infancia utilice xoguetes educativos estaremos a favorecer valores como a tolerancia, diversidade, respecto, igualdade…
Medioambientalmente sostibles: fabricados a partir de materiais con menor impacto ambiental.