Fixemos balance das accións da campaña “Os seus dereitos en xogo” que desenvolve Cruz Vermella Xuventude para recoller xogos e xoguetes para os nenos e nenas de familias en situación de vulnerabilidade social coa finalidade de que durante as festas do Nadal puidesen estrealos e gozar.
En total na nosa comunidade autónoma entregáronse 3.017 xoguetes a 1.729 nenos e nenas. A nivel nacional, conseguíronse repartir 44.400 a 40.425 nenos.
Ademais, é relevante outro obxectivo da campaña, se trata de sensibilizar sobre a importancia do dereito ao xogo na infancia e a transmisión de valores (precisamente de aí vén o nome da iniciativa).
Nas catro provincias galegas desenvolvéronse diversas actividades de recollida de xoguetes novos, non bélicos, non sexistas, e preferiblemente educativos. Algunhas de carácter nacional como as desenvolvidas da man de Amazon ou Carrefour e outras con empresas ou asociacións máis locais.
Deste xeito cumpriuse o reto de chegar a todas as familias en situación de dificultade que solicitaron a axuda de Cruz Vermella e Cruz Vermella Xuventude desde xullo ata decembro de 2021. e foi posible que ningún neno quedará sen xoguetes en datas sinaladas.
En todo o proceso participaron os voluntarios e voluntarias de Cruz Vermella, que se encargaron de participar nas recollidas, de clasificar os xoguetes por idades e tipos segundo potencien unhas habilidades ou outras, así como das entregas ás familias.