En Cruz Vermella entendemos a inserción laboral desde unha abordaxe integral no que as empresas e a sociedade xogan un papel fundamental. A finalidade do Plan de Emprego de Cruz Vermella é mellorar a empregabilidade das persoas con máis dificultades e tamén loitar contras as barreiras sociais que se atopan no seu camiño cara ao emprego e promover a igualdade de oportunidades.
Neste sentido, un dos nosos obxectivos é xerar alianzas coas empresas, de tal maneira que xunto a elas podamos proporcionar oportunidades laborais ás persoas máis vulnerables e afastadas do mercado laboral. Traballamos con mulleres con baixa cualificación e en desemprego, mozos con baixa ou nula formación, persoas desempregadas de longa duración, persoas con máis de 45 anos ou persoas migrantes e refuxiadas.
“Aquí gañamos tod+ s” é o lema dunha nova campaña que Cruz Vermella pon en marcha en Galicia para resaltar que, ao colaborar ou participar no Plan de Emprego, sáese gañando. As empresas gañan traballadores motivados e preparados para formar parte dos seus equipos e persoais, Cruz Vermella gana o apoio de empresas colaboradoras e comprometidas e gaña a satisfacción de ver que máis persoas fórmanse indo da man das empresas e logran un emprego e, o máis importante, os participantes gañan unha oportunidade para demostrar o seu talento e capacidades e, en moitas ocasións, esta oportunidade supón un cambio significativo nas súas vidas e nas das súas familias.
A campaña está dirixida principalmente ás empresas galegas pero tamén á poboación en xeral, porque todas e todos podemos contribuír a que haxa igualdade de trato no emprego.
As empresas son as que ofrecen oportunidades de acceso ao mercado laboral para as persoas coas que traballa a nosa Organización e constitúen un socio fundamental para o Plan de Emprego.
Durante as próximas semanas, realizaranse diferentes accións de sensibilización no marco desta campaña en distintas localidades galegas como A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Burela, Ourense, O Barco de Valdeorras, Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Ponteareas.
Algúns dos materiais que se repartirán para difundir o lema principal son bolsas de tea e vasos de papel reciclado. Ademais, difundiranse mensaxes sobre a importancia de sumar esforzos, fomentar a igualdade de oportunidades e evitar situacións de discriminación.
Con esta campaña queremos convidar a novas empresas a coñecer os proxectos de emprego que desenvolvemos, así como as diferentes vías de colaboración que poñemos á súa disposición. Cruz Vermella conta con empresas que colaboran e permiten aos participantes mellorar a súa empregabilidade a través de visitas de orientación, facer prácticas formativas non laborais ou ben obter un contrato.
Esta campaña forma parte do proxecto Reto Social Empresarial, do Plan de Emprego de Cruz Vermella, e leva a cabo co financiamento do Goberno de España e do Fondo Social Europeo a través do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES).