Síguenos


Cruz Vermella Española envía artigos de primeira necesidade para responder á crise humanitaria de Ucraína

En coordinación coa Federación Internacional de Sociedades a Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella (FICR), Cruz Vermella Española realizou un primeiro envío de axuda humanitaria para as persoas afectadas polo conflito de Ucraína.

 

En total, Cruz Vermella enviará 5.183 sets de cociña familiar para 5 persoas, 9.900 mantas, e 15.985 toldos plásticos para illar da choiva e o frío, todo valorado en máis de medio millón de euros.

 

O envío chegará directamente a Hungría, lugar onde a FICR estableceu un almacén rexional desde o que se distribúe a axuda ao resto de países (Ucraína, Polonia, Romanía…) en función das necesidades detectadas, e xunto ao resto de artigos que achegan outras Sociedades Nacionais de Cruz Vermella. Así, na mañá deste venres 4, saíron desde Leganés os dous primeiros camións cargados con produtos, aos que se sumarán outros envíos desde os almacéns de Cruz Vermella de Las Palmas de Gran Canaria, Cataluña e Valencia.

 

Ademais desta axuda en especie, Cruz Vermella Española xa enviou 25.000 euros do seu Fondo de Emerxencias a Ucraína, e está a colaborar coa Cruz Vermella Danesa na resposta ás persoas afectadas na rexión suroeste de Ucraína e na fronteira con Romanía (distribucións de artigos básicos de primeira necesidade e atención psicosocial).

 

De maneira paralela, desprazouse desde Cruz Vermella Española unha persoa como delegada rexional de Protección, Xénero e Inclusión a Hungría para a emerxencia de crise de Ucraína e países afectados, en resposta á solicitude de apoio de recursos humanos especialistas realizada pola Federación Internacional. Do mesmo xeito, 8 persoas voluntarias van apoiar en remoto a obtención de reportes a través da sistematización de información secundaria a través de machine learning, e máis de 80 persoas están dispoñibles á espera doutras posibles necesidades a cubrir.

 

Chamamento para conseguir fondos

 

Cruz Vermella Española fai un chamamento para conseguir fondos cos que atender as necesidades humanitarias da poboación afectada en Ucraína e países veciños. Pódese colaborar a través de www.cruzroja.es, mediante o envío de SMS coa palabra UCRAÍNA ao 38088 para doar 3,00€, ou mediante BIZUM ao 33512, ademais dos canles tradicións de transferencia bancaria e teléfono 900 104 971.

 

Estímase en 18 millóns de persoas as afectadas polo conflito, e con necesidades de coberturas básicas (hixiene, abrigo, cociña…), acceso a auga segura, asistencia sanitaria, protección e restablecemento de contactos familiares.

 

A Cruz Vermella Ucraína asiste ás persoas afectadas polo conflito en áreas nas que o acceso aos servizos de saúde é limitado, proporcionando formación en primeiros auxilios e brindándolles asistencia con equipos móbiles de saúde, con atención psicolóxica e psicosocial, dándolles apoio en medios de vida ou con información sobre a artillería sen explotar, entre outros.

 

Nos últimos días, Cruz Vermella salvou 50 vidas grazas á evacuación e a asistencia sanitaria, e máis de 30.000 persoas recibiron asistencia con artigos de emerxencia e alimentos; prestouse apoio para a recolocación a zonas máis seguras, con especial atención ás persoas con discapacidade, e estanse habilitando centros de recepción en escolas e outros edificios comunitarios para albergar o crecente número de persoas desprazadas.

 

De maneira paralela, abriuse unha liña de atención telefónica para proporcionar apoio psicosocial ao persoal e voluntariado da propia Cruz Vermella Ucraína. Todas as Sociedades Nacionais dos países veciños están a prestar asistencia ás persoas que cruzan a fronteira, con especial presenza da Cruz Vermella en Polonia, Rumania, Eslovaquia, Rusia, Moldavia, Lituania e Hungría. A Cruz Vermella Polaca, por exemplo, estableceu puntos humanitarios de atención en cinco dos oito postos fronteirizos habilitados, proporcionando asistencia sanitaria urxente, apoio psicosocial e aloxamento temporal así como distribuíndo alimentos e aveños básicos.

Share on linkedin
Share on twitter
Share on facebook
Share on whatsapp
Share on email