Aprender a lingua canto antes. Ese é un dos obxectivos que perseguen as clases de español que brindan en Burela desde Cruz Vermella ás persoas que chegan a España desde outros lugares e non coñecen o idioma.
Desde o Programa de atención e integración ás persoas inmigrantes Cruz Vermella, retoma as clases de español nas instalacións da Organización Humanitaria os luns e os mércores. Para isto, cóntase co apoio das persoas voluntarias encargadas de poñer en funcionamento ditas clases, tan necesarias e con tan boa acollida por parte dos participantes de diferentes nacionalidades: Senegal, Marrocos, Ucraína, Cabo Verde, Xamaica e Siria.