Síguenos


Cruz Vermella e Xunta de Galicia presentan unha guía sobre senfogarismo

As persoas sen fogar en ocasións convértense en protagonistas de noticias e reportaxes e non sempre se teñen en conta a súa voz e as súas circunstancias. Coa finalidade de contribuír a que o tratamento informativo do senfogarismo sexa correcto e rigoroso, elaborouse unha guía con recomendacións para medios de comunicación.

 

A presentación desta publicación tivo lugar hoxe mércores 16 en Santiago de Compostela e participaron a conselleira de Política Social, Fabiola García, a presidenta autonómica de Cruz Vermella en Galicia, Carmen Colmeiro, o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, así como co coordinador da publicación, Luís Pardo, e o ilustrador da mesma, Miquel Fuster, que coñece de primeira man a realidade das persoas sen fogar porque viviu na rúa durante varios anos.

 

A guía estruturouse en dous bloques principais. Por unha banda, utilizouse a fórmula xornalística das 5 W para saber máis do sinfogarismo e da situación das persoas sen fogar a través das respostas ás preguntas: Que?, Quen?, Cando?, Onde? e Por que? Por outra banda, engadiuse a sexta W para profundar en como contalo.

 

Algunhas das cuestións que se destacaron na guía son:

  • O senfogarismo define unha circunstanciadunha persoa, non é unha categoría.
  • Hai estereotiposque se desmontan rapidamente ao contrastalos con datos.
  • Desemprego, escaseza de recursos ou unha ruptura afectiva son algúns dos motivosque explican como chegaron a esa situación.
  • As palabrasque utilizamos para referirnos ás persoas sen fogar importan e moito.
  • Pódense potenciar as informacións en positivoa través de historias concretas e casos de éxito.
  • Utilizar un marco amplo defontes (persoas expertas, entidades e organizacións que traballan coas persoas sen fogar, bibliografía específica…).
  • Os medios teñen un poder significativo para mellorar a nosa comprensióndas causas e solucións do sinfogarismo.

 

Unha das conclusións que se recolle é a seguinte: “Fai falta mellorar a calidade da información que se publica sobre as persoas sen fogar, evitando dar pé ao discurso de odio e discriminación nos medios de comunicación a través da promoción de estándares éticos e do respecto á liberdade de expresión”.

 

No proceso de elaboración da guía contamos coa colaboración de xornalistas, integrantes dos equipos de atención a persoas sen fogar de Cruz Vermella e con técnicos de Inclusión da Xunta de Galicia, así como con expertos en sinfogarismo.

 

Acompañamento e apoio

 

A elaboración desta publicación enmárcase dentro das accións do programa de acompañamento e apoio a persoas en situación de vulnerabilidade extrema que desenvolve Cruz Vermella en colaboración coa Xunta de Galicia.

 

Os obxectivos principais deste proxecto son: mellorar a situación das persoas sen fogar desde unha perspectiva de atención integral así como potenciar a súa autoestima e autonomía.

 

Cruz Vermella conta con equipos especializados en: A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo e, a través deles, aténdese a unha media de 1.500 persoas sen fogar ao ano en Galicia.

Share on linkedin
Share on twitter
Share on facebook
Share on whatsapp
Share on email