A Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares – ASEM Galicia e Cruz Vermella en Galicia asinaron un acordo de colaboración.
Os presidentes de ambas as entidades, Manuel Rego e Carmen Colmeiro, reuníronse este luns para facelo efectivo e valoraron positivamente o acordo.
O intercambio de experiencias ou o asesoramento mutuo son algúns dos obxectivos desta colaboración. Ademais establécese unha modalidade para cooperar en programas de formación de persoal asistencial, investigador e técnico.
Outra das liñas da colaboración baséase en dar a coñecer o servizo de teleasistencia entre os socios de ASEM xa que pode resultarlles de utilidade e achegarlles seguridade e tranquilidade no seu día a día.
Para coñecer os servizos e actividades de ASEM, podes visitar a súa web.