Síguenos


Cruz Vermella colabora co Porto de Vigo para que sexa un espazo cardioprotexido

Hoxe presentouse a iniciativa “Porto de Vigo, Porto Saudable”. Trátase dunha iniciativa na que colabora Cruz Vermella como prestadora de servizo e que converte ao Porto de Vigo nun espazo cardioprotegido e máis seguro grazas á instalación de desfibriladores externos  semiautomáticos (DESA).

 

Esta colaboración entre a Autoridade Portuaria de Vigo e Cruz Vermella en Galicia permitirá que tanto os traballadores como as persoas usuarias ou as que visiten as instalacións do porto sentan máis seguras ante unha emerxencia na que houbese que realizar unha reanimación  cardiopulmonar.

 

Esta mañá celebrouse un acto para dar a coñecer o proxecto na praza da Estrela no que interviñeron o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuíña, a presidenta de Cruz Vermella en Galicia, Carmen Colmeiro Rojo, e o conselleiro de  Sanidade, Julio García Comesaña.

 

Ademais, houbo unha demostración práctica na que compañeiros e compañeiras da área de Socorros de Cruz Vermella ensinaron aos asistentes  comon funcionan estes desfibriladores destacando que poden ser cruciais para salvar vidas.

 

Cruz Vermella é unha organización de referencia en materia de prevención, emerxencias e primeiros auxilios e prestará este servizo de cardioprotección no recinto portuario mediante a dotación dun total de 10 desfibriladores así como coa formación de traballadores e traballadoras.

 

Os DESA están situados en lugares estratéxicos do porto, o que permitirá actuar con rapidez cando sexa necesario. Por outra banda, Cruz Vermella impartiu varios cursos dirixidos a persoal da Autoridade Portuaria coa finalidade de que teñan os coñecementos de primeiros auxilios e coñezan o funcionamento destes aparellos. En total son máis de 100 persoas as que recibirán esta formación a través de 13 cursos, que xa empezaron a impartirse.

Share on linkedin
Share on twitter
Share on facebook
Share on whatsapp
Share on email