Síguenos


Cruz Vermella reclama a igualdade efectiva e o empoderamento das mulleres

‘Xúlgate menos, abrázate máis’ é o lema que a Organización elixiu para conmemorar o Día Internacional da Muller e mediante o que se propón que as mulleres sigan o seu camiño de empoderamento e rompan co autoxuízo negativo que segue presente en estruturas sociais, políticas, económicas e mesmo emocionais.

 

A mensaxe no Cruz Vermella Xuventude insiste coa campaña que pon en marcha ao redor deste 8 de marzo é que hai que quererse máis, e non dubidar dos logros propios nin dos logros das demais mulleres, algo que ocorre máis habitualmente do desexado como herdanza dun sistema patriarcal que ha minusvalorado as capacidades das mulleres.

 

Estes días Cruz Vermella Xuventude vai desenvolver diferentes accións en 31 localidades galegas. Contamos coa colaboración de 70 persoas voluntarias para levar a cabo máis de 90 actividades, tanto de rúa como en centros educativos, para sensibilizar á poboación. O obxectivo é apostar polo autocuidado da saúde mental, a física e a emocional e na importancia de eliminar os pensamentos negativos que distorsionan a realidade, e xeran emocións e condutas inadecuadas.

 

Mesmos dereitos e oportunidades

 

Un ano máis, Cruz Vermella pon así de manifesto a necesidade de continuar traballando para conseguir unha igualdade efectiva entre homes e mulleres, que permita crear unha sociedade xusta onde todas as persoas teñan os mesmos dereitos e oportunidades.

 

Cruz Vermella traballa de maneira transversal a través de todas as súas Áreas de Coñecemento, nunha atención centrada na persoa, neste caso a muller, e na creación dunha sociedade máis xusta, sostible e diversa na que se fortalezan ecosistemas de bo trato nos que as mulleres poidan contar con espazos nos que recoñecerse e coidarse.

 

A través dos estudos realizados por Cruz Vermella coa poboación atendida, a Organización puido comprobar como as mulleres a día de hoxe seguen asumindo involuntariamente o exercicio de certos roles que lles impiden romper coa súa situación de desvantaxe social.

 

As mulleres seguen liderando os coidados familiares; así, no 44% dos fogares sinalan ser quen se encargou de forma exclusiva dos labores domésticos, dos coidados dos nenos e nenas ou de persoas dependentes durante a pandemia. A situación agravouse en 2021 e esta porcentaxe ascende ao 53%.

 

Así mesmo, as consecuencias psicolóxicas e emocionais nos contextos de crises (preocupación, dificultade para conciliar o soño, etc.) son moito máis graves nas mulleres, con diferenzas de ata 10 puntos porcentuais con respecto aos homes.

 

As mulleres enfróntanse a un mercado laboral menos favorable e as brechas de xénero (menor acceso, maior precariedade, maiores taxas de abandono por coidados, menores salarios, etc.) seguiron aumentando durante a pandemia.