Síguenos


“Clara a indie”, nova historia ilustrada da campaña Querer é Poder

Clara é unha adolescente de 15 anos chea de soños. É impulsiva, independente e máis fráxil do que parece. Elvira e César rondan os 60, teñen unha filla xa independizada e nesta etapa das súas vidas deron o paso de ser familia acolledora.

 

Está a ser unha experiencia na que xurdiron algunhas dificultades pero resulta moi  revitalizante. O máis importante é que as dificultades se van superando e a oportunidade que lle brindan a Clara si vai cambiar a súa vida, a vida dos tres. Esta é a nova historia ilustrada da campaña de acollemento familiar Querer é Poder.

 

Unha das finalidades desta campaña é a promoción do acollemento familiar en Galicia e dar a coñecer a realidade de nenos, nenas e adolescentes que como Clara non  puden estar cos seus pais e nais porque estes non están nas condicións idóneas para o seu coidado. Por este motivo, hai familias acolledoras como a de Elvira e César que lles ofrecen o seu fogar temporalmente e danlles o agarimo, a protección e os coidados que necesitan mentres a súa familia soluciona os problemas que lle impiden facerse cargo deles e elas.

 

Cruz Vermella xestiona o programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia centrándose nos acollementos en familia allea. Actualmente hai máis de 70 menores que están á espera de acollemento, entre eles hai grupos de irmáns e nenos con necesidades especiais.

 

O primeiro paso para ser familia acolledora é informarse ben e, posteriormente, aquelas persoas que estean realmente interesadas iniciarían o proceso de idoneidade. Cantas máis incorporacións haxa á rede de familias acolledoras de Cruz Vermella en Galicia, máis posibilidades de contar coa alternativa idónea para cada caso.

 

Vídeo completo da historia neste enlace.

 

Máis información en acollementofamiliar.gal

Share on linkedin
Share on twitter
Share on facebook
Share on whatsapp
Share on email