Volve a campaña Almorzos e Merendas #ConCorazón. Hoxe 12 de abril arrinca a 9ª edición e celebrarase ata o día 17 nos hipermercados e supermercados Alcampo.
O obxectivo desta iniciativa é mobilizar á sociedade para reducir a pobreza infantil e a desigualdade, facilitando unha alimentación sa e equilibrada a aqueles nenos e nenas que se atopan en situación de vulnerabilidade.
Como novidade, este ano en lugar de facer unha recollida de produtos físicos, os clientes poderán facer doazóns de 1, 3, 5, 10 ou 20 euros nas liñas de caixa.
As persoas que desexen colaborar con esta campaña en Galicia, poden facelo nos centros Alcampo das provincias da Coruña e Pontevedra na Coruña, Ferrol, Santiago, Vigo e Vilagarcía. Participan en total 209 hipermercados e supermercados Alcampo de toda España.
Tamén existe a posibilidade de facer doazóns en liña a través da plataforma de www.alcampo.es
Almorzos e Merendas #ConCorazón é unha iniciativa de Cruz Vermella, Alcampo, Nhood, Oney e a Asociación de Cociñeiros e Reposteiros ACYRE de Madrid.
Ao finalizar a campaña, a totalidade do importe recadado será entregado a Cruz Vermella en tarxetas trocables para que se distribúan entre familias en situación de vulnerabilidade atendidas pola nosa Organización. Ademais, Alcampo fará unha doazón de 110.000 euros, e Nhood e Oney de 3.000 euros cada un.
Na edición anterior, na que participaron máis de 3.800 persoas voluntarias de Cruz Vermella e as empresas organizadoras, conseguíronse 1,67 millóns de almorzos e merendas.
Máis información sobre a campaña: www.desayunosymeriendasconcorazon.com