A embarcación de Cruz Vermella L.S. Saturno e a súa tripulación, a pesar das condicións climáticas adversas foron fieis á cita do día de todos os santos nos que máis de medio centenar de familias déronse cita no peirao da confraría para a ofrenda floral aos náufragos de Burela.
Tras a bendición dos ramos a embarcación saíu de porto para dirixirse a alta mar onde o voluntariado de Cruz Vermella e o persoal laboral depositáronas nas augas do Mar Cantábrico.
“Polos que non están
Pero estarán sempre
Entre nós”
Victorino Jul, voluntario de Cruz Vermella.