Síguenos


1.500 persoas accederon a un emprego en Galicia co apoio de Cruz Vermella

O Plan de Emprego de Cruz Vermella mantivo e intensificado a súa actividade desde a declaración do estado de alarma en 2020, realizando un gran esforzo por parte dos equipos, reforzando os seus recursos e incorporando adaptacións tecnolóxicas para seguir apoiando ás persoas no que ese refire á mellora da súa empregabilidade e á inserción laboral.

 

A crise sanitaria e socioeconómica provocada pola COVID-19 agravou a situación e incrementando o risco de pobreza e exclusión social de miles de persoas. O emprego é un dos ámbitos que está a sufrir un maior impacto por esta crise e iso provocou o aumento do desemprego, especialmente entre as persoas máis vulnerables como son as persoas mozas, as mulleres, as persoas inmigrantes e as persoas maiores de 45 anos.

 

Para facer fronte a esta situación, desde Cruz Vermella reforzamos as respostas específicas e especializamos para intervir coas persoas máis vulnerables, que debido á crise atópanse nunha situación de maior desvantaxe no seu acceso ao mercado de traballo. Grazas a esta intervención, durante 2020 máis de 100.000 persoas participaron no Plan de Emprego de Cruz Vermella, 5.571 en Galicia, e 21.000 delas puideron acceder a un emprego, 1.494 na nosa comunidade autónoma.

 

Respecto ao perfil dos participantes no Plan de Emprego, o 65% foron mulleres, o 38% eran menores de 30 anos, o 33% non tiñan estudos ou non os terminaban, o 64% estaban parados, un 33% inactivos e un 3% ocupados.

 

Durante 2020, 10.429 empresas mantiveron o seu compromiso co Plan de Emprego, 1.030 no caso de Galicia. Con elas establecéronse máis de 24.000 alianzas, 2.160 na nosa comunidade, e isto mellorou a empregabilidade das persoas participantes e xerou oportunidades de acceso a un emprego. Durante o mesmo período, Cruz Vermella levou a cabo case 13.000 accións formativas.

 

A fenda dixital

 

Actualmente en materia de emprego Cruz Vermella pon o foco na denominada fenda dixital. Os principais retos do Plan de Emprego de Cruz Vermella nos próximos meses céntranse en reducir a fenda dixital promovendo as competencias dixitais das persoas ás que apoiamos.

 

Estas competencias son xa imprescindibles cando se quere acceder ao mercado laboral, tanto para poder capacitarse en oficios emerxentes como á hora de buscar traballo, onde moitos dos procesos de selección e formación realízanse de forma dixital.

 

Moitos dos proxectos do Plan de Emprego contan co apoio do Fondo Social Europeo, a través dos programas POISES e  POEJ, e do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Share on linkedin
Share on twitter
Share on facebook
Share on whatsapp
Share on email